Estratexia integral de optimización loxística de Galicia
A iniciativa, enmarcada na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, ten como obxectivo impulsar a mellora loxística tanto do propio sector de transporte e distribución de mercadorías coma dos xestores de infraestruturas e da industria galega que depende dos dous anteriores para ser eficiente na súa cadea de subministro e expedición de produtos.
A estratexia articúlase ao redor de 15 programas de actuación:
- Loxística 4.0 na empresa
- Transformación loxística da empresa e comercio electrónico
- Información e conectividade exterior da loxística galega
- Fortalecemento sectorial e innovación
- Fomento da multimodalidade e transversalidade
- Talento e emprendemento
- Galicia green logistics
- Mellora da visibilidade mediante unha oferta conxunta Galicia Plataforma Loxística
- Promoción de solo industrial en Galicia
- Optimización das infraestruturas loxísticas
- Posicionamento nas cadeas de valor globais dos sectores estratéxicos
- Simplificación e modernización tecnolóxica dos procesos administrativos
- Re-localización e liderado no polo Atlántico
- Posicionamento estratéxico
- Gobernanza da Estratexia
Data de aprobación no Consello da Xunta: 7/11/2019