Rexistro de entidades do sector público autonómico

A Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia ten por obxecto regular a organización e o réxime xurídico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico, así como a regulación do exercicio da potestade regulamentaria e do procedemento de elaboración de regulamentos.

As entidades públicas instrumentais dependentes da Administración xeral ou doutras entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia organízanse en:

  • Entidades públicas instrumentais:
    • Organismos autónomos
    • Axencias públicas autonómicas
    • Entidades públicas empresariais
    • Consorcios autonómicos
  • Outras entidades instrumentais:
    • Sociedades mercantís públicas autonómicas
    • Fundacións do sector público autonómico

Frecuencia de actualización: semestral

Data de actualización: 01/01/2020

Resultoulle útil a información?