Alejandro Roberto López Dobarro

A PRESIDENCIA - Delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires (República Arxentina)

Alejandro Roberto López Dobarro

Naceu en agosto de 1970. Dobre nacionalidade: arxentina e española. É licenciado en Periodismo e Comunicacións pola Universidade Arxentina John F. Kennedy  (Bos Aires 1997) e diplomado en Estudos Internacionais - Ministerio de Asuntos Exteriores de España - Secretaría de Estado de Asuntos Europeos - Escola Diplomática - Madrid 2003. Tamén diplomado en Unión Europea - Ministerio de Asuntos Exteriores de España - Secretaría de Estado de Asuntos Europeos - Escola Diplomática (Madrid 2003). Magister en Relacións Internacionais - Universidade Complutense - Instituto Complutense de Estudos Internacionais ICEI (Madrid 2003).

Secretario de Prensa do Partido Popular de España en Arxentina desde 2007.

Desde 2006 independente no sector da construción.

Bolseiro na Axencia Española de Cooperación Internacional (AECID) en Madrid (2002 - 2003).

Coordinador de marketing e comunicacións en Santiago Sarmiento S.A. Comunicacións Integradas - Bos Aires (2000 - 2001). Profesor de Periodismo Especializado I e II, Universidade Arxentina John F. Kennedy (2000 - 2005).

Colaborador Revista Gente, Editorial Atlántida, Bos Aires (1999).

Produtor periodístico Canle 9 - Agens S.A. Bos Aires (1993 - 1998).

Produtor periodístico Radio Libertad, Bos Aires (1993).

Asistente técnico MEPEX, Empresa de asistencia ao marketing (1990 - 1993).