Ignacio López-Chaves Castro

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA - Delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo

Ignacio López-Chaves Castro

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1987. Foi bolseiro de investigación da Escola Galega de Administración Pública entre os anos 1995 e 1997.

Exerceu como avogado, secretario do Consello Social da Universidade de Vigo, profesor Asociado de Dereito Civil da Universidade de Vigo e concelleiro de Asuntos Sociais do Concello de Vigo (2003-2007).

Foi tamén deputado do Parlamento de Galicia na VII, VIII e X lexislatura e presidente da Autoridade Portuaria de Vigo (2011-2015).

É delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo desde 2015.