CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - Presidente do Consello Económico e Social de Galicia
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Naceu en Madrid en 1961 e é enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade Politécnica de Madrid (1986) e funcionario do Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia. Está en posesión do diploma de directivo da Escola Galega de Administración Pública.
- Enxeñeiro xefe de obra e responsable do departamento en Cubiertas y MZOV, S.A. na Coruña e Pontevedra do 02/02/1987 ao 09/04/1992.
- Enxeñeiro en funcións facultativas na Xunta de Galicia do 13/04/1992 ao 31/08/1994.
- Xefe de servizo na Xunta de Galicia do 01/09/1994 ao 02/11/1994.
- Subdirector xeral do 03/11/1994 ao 28/09/1998.
- Director xeral de Obras Públicas do 28/09/1998 ao 20/08/2005.
- Presidente de Portos de Galicia do 28/09/1998 ao 20/11/2000.
- Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos do 28/09/1998 ao 08/02/2002.
- Presidente de Augas de Galicia do 28/09/1998 ao 16/12/2001.
- Director de Construción de Sercoysa, Obras y Proyectos de agosto de 2005 a marzo de 2006.
- Director de Desenvolvemento do Grupo Puentes de marzo de 2006 a xaneiro de 2008.
- Director de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra de xaneiro de 2008 a abril de 2009.
- Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de abril de 2009 a xullo de 2014.
- Alcalde de Santiago de xullo de 2014 a xuño de 2015.
- Deputado Provincial na Deputación da Coruña nos mandatos 2015-2019 e 2019-2023 (ata setembro de 2019).
- Deputado no Parlamento de Galicia nas lexislaturas VIII (baixa no 21/04/2019) e IX (baixa no 9/07/2014).