CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - Secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia
Manuel Martínez Varela
Naceu no Saviñao (Lugo) en 1975. É licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña e funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional.
Dende o ano 2005 desempeñou diversos postos de secretario e interventor en diversos concellos de Galicia. Ocupou o posto de xefe de servizo de Xestión de Funcionarios con Habilitación de Carácter Nacional na Dirección Xeral de Administración Local. É autor de varios artigos en revistas especializadas en materia xurídica local. Impartiu diversos cursos na Escola Galega de Administración Pública e prestou servizos como perito xudicial en varios procedementos.