CONSELLERÍA DO MAR - Xefa do gabinete

Graciela Fernández Carricoba

Naceu en Lugo en 1976. É licenciada en Química pola Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, especialidade en Química do Medio Ambiente. Máster en Xestión Ambiental e da Calidade polo Centro de Iniciativas Profesionais. Título de Xestora dos sistemas medioambientais e Xestora dos sistemas de calidade por Les Heures - Fundació Bosch i Gimpera - Universitat de Barcelona e Centro de Iniciativas Profesionais (2003). Vicedecana do Colexio Oficial de Químicos de Galicia (2013-2017).

  • 2004-2005: persoal técnico da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia
  • 2006-2007: Departamento de Calidade e Medio Ambiente do Grupo Toysal
  • 2007-2009: persoal técnico do gabinete da Deputación Provincial de Lugo
  • 2009-2011: asesora da Secretaría Xeral de Familia e Benestar da Xunta de Galicia
  • 2011-2020: xefa de gabinete da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia
  • 2021-2023: asesora da Consellería do Mar da Xunta de Galicia