CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE - Xefa de prensa

Susana Luaña Louzao

Naceu en Vigo (Pontevedra) en 1964. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Medios de Comunicación pola Universidade da Coruña.

Cunha ampla experiencia de máis de 25 anos como xornalista en La Voz de Galicia, ten colaborado como analista política en varias emisoras de radio. Ten tamén 3 anos de traxectoria en gabinetes de comunicación na Xunta de Galicia e participou en diferentes colaboracións tanto no eido da publicidade como da edición de publicacións e no ensino.

Xefa de prensa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade desde o 1 de xullo de 2023.