CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE - Xefe de gabinete

Martín Losón Fernández

Naceu en Lalín en 1993. Graduado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela.

Comezou a súa traxectoria laboral na delegación de Deza-Tabeirós de Faro de Vigo, na que estivo durante dous anos cubrindo novas de ámbito comarcal.

No 2018 incorporouse Consellería de Política Social como redactor no gabinete de prensa. 

Desde xullo de 2023 é xefe de gabinete da Consellería de Política Social e Xuventude.