CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN - Xefe de gabinete

Juan Capeáns Garrido

Nado en Santiago de Compostela en 1973. Xornalista desde 1998. Máster en Medios de Comunicación pola Universidade da Coruña e licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Iniciou a súa carreira xornalística como redactor en La Voz de Galicia. En 2006 foi nomeado coordinador de información e subdelegado en Santiago de La Voz. No ano 2015 especialízase en información política e desde o 2021 exerce como cronista parlamentario para o mesmo medio. En setembro de 2022 incorpórase á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade como Xefe de Prensa.

É coautor dos libros “Asunta. El crimen que conmocionó a Galicia” (2015) y “La era Feijoo” (2016), editados por Biblioteca Gallega.

Desde o 2017 colabora de xeito regular en programas informativos da Televisión de Galicia e da Radio Galega.