CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE - Xefa de prensa

Cristina Vilariño Vázquez

Nada en Lalín (Pontevedra) en 1979, é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (1997-2001).

Iniciou a súa traxectoria profesional en outubro de 2001 no departamento de Seguimento de Medios de Comunicación, dependente da Secretaría para as Relacións cos Medios Informativos da Xunta de Galicia. 

En outubro de 2002 incorporouse como redactora ao gabinete de comunicación da Xunta de Galicia.

Desde decembro de 2014 exerceu labores de asesora parlamentaria na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, despois Consellería de Infraestruturas e Vivenda e actual Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Desde abril de 2020 é xefa de prensa da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.