CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL - Xefa do gabinete

Natalia Moldes Pais

Nada en Brión (A Coruña) en 1987, é licenciada en Xornalismo (promoción 2005-2009) e ten o Máster en Márketing Político: estratexias e comunicación política (2009-2010) pola Universidade de Santiago de Compostela.

  • Redactora no gabinete de prensa da Consellería do Mar entre outubro de 2009 e xaneiro de 2012.
  • Redactora no gabinete de prensa da Consellería do Medio Rural e do Mar entre xaneiro de 2012 e outubro de 2015.
  • Redactora no gabinete de prensa da Consellería do Mar desde outubro de 2015 ata novembro de 2018.
  • Xefa de prensa da Consellería do Medio Rural desde novembro de 2018 ata novembro de 2022.