CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES - Xefe de prensa

Abraham Coco Barajas

Nado en Salamanca en 1987, é licenciado en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual pola Universidade Carlos III de Madrid e ten o Máster de Xornalismo ABC-UCM da Universidade Complutense de Madrid. Gañou o XXVII Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo e obtivo a mención especial do XIII Premio Internacional de Xornalismo Manuel Alcántara na modalidade Premio para Novos Xornalistas.

Iniciou a súa traxectoria no xornal El Adelanto de Salamanca e, tras distintas experiencias profesionais en Madrid, entrou a formar parte do equipo do diario ABC, no que traballou sete anos, primeiro na súa sede central e despois na delegación en Galicia.

En 2017 incorporouse como redactor na Axencia Turismo de Galicia e, posteriormente, na Consellería de Cultura e Turismo, da que foi xefe de prensa desde abril de 2019 ata setembro de 2020, cando pasou a ocupar o mesmo cargo na actual Consellería de Cultura, Educación e Universidade.