CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL - Xefe de prensa

Javier Rey Veloso

Naceu en 1988. É licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (2010) e conta cun mestrado en xornalismo deportivo pola Universidade Europea de Madrid (2011).

Desempeñou funcións de xornalista en prácticas no Diario de Ferrol e no Diario As antes de entrar, tamén como bolseiro, a La Región, onde traballaría durante nove anos asumindo labores de coordinador na web e na sección de local antes de ser redactor xefe. 
 
Despois dunha etapa como colaborador de varios proxectos, en xaneiro de 2022 incorporouse como xefe de prensa da Deputación de Ourense, posto que ocupou ata xullo de 2023.