CONSELLERÍA DE SANIDADE - Xefa de prensa

Raquel Sánchez González

Naceu en Vigo en 1971. Licenciouse en Ciencias da Información - Periodismo pola Universidade Pontificia de Salamanca (1989-1994) e realizou o posgraduado de Periodismo de Investigación na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona (1998). Recibiu o Premio Nacional de Periodismo Ecovidrio, na categoría de radio, polo programa "Vida sostenible" de "La mirilla" de Onda Cero (2018).

Redactora e locutora na Radio Televisión Municipal de Nigrán; logo, directora da RTV Mancomunidade do Val Miñor (1995).

Redactora en Diario 16 Galicia (1995-1996).

Redactora das áreas "Municipal", "Cultura" e "Sociedade" en La Voz de Galicia (1998-2002).

Redactora e presentadora do magazín "Voces de Vigo" e de informativos en Radio Voz (1998-1999).

Redactora e presentadora de informativos e dos magazíns "Protagonistas de Vigo", "Vigo en la Onda" e "Más de uno Vigo" en Onda Cero Vigo (2002-2020).  

Presentadora e directora do programa "La mirilla" de Onda Cero (2006-2020).

Profesora adxunta na Universidade de Oviedo, no título propio "Comunicación social para a ciencia" organizado pola Fundación para a Investigación e a Innovación Biosanitaria do Principado de Asturias e o Instituto de Investigación Sanitaria de Asturias (2019-2020).

Tamén impartiu cursos e conferencias na Universidade de Vigo e presentou e moderou eventos como mesas redondas e debates do Consorcio da Zona Franca de Vigo ou o Instituto de Empresa Familia.