VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA - Xefa de prensa

Érika Penelas Barreiro

Naceu en Winterthur (Suíza), en 1984. É licenciada en Xornalismo (2006) e en Publicidade e Relacións Públicas (2008) pola Universidade de Navarra.

En xaneiro de 2009 comeza a súa traxectoria profesional no departamento de prensa do Partido Popular da provincia da Coruña. 

En xuño de 2011 entra a formar parte do Gabinete de Comunicación do Concello da Coruña.

No verán de 2015 é contratada como xefa de prensa do Grupo Municipal do Partido Popular no concello de Santiago de Compostela. 

En marzo de 2018, incorpórase ao departamento de prensa do Grupo Parlamentario Popular de Galicia.

Desde outubro de 2020, e ata xullo de 2022, traballa como asesora no Gabinete da Consellería de Sanidade.

Na actualidade é xefa de prensa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.