Pablo Ferradás Madriñán

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES - Xefe do gabinete

Pablo Ferradás Madriñán

Naceu en Lalín en 1985.

Desde setembro de 2020 é xefe do gabinete da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Ata ese momento, e desde outubro de 2018, fora xefe do gabinete do conselleiro de Cultura e Turismo.

Entre marzo de 2015 e outubro de 2018 foi xefe do gabinete do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Ata esa data exerceu como técnico administrativo no ámbito da información e difusión de programas de educación non formal da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Con anterioridade traballou en varias empresas relacionadas coa xuventude e participou en eventos no Instituto de la Juventud de España (Injuve).