CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE - Xefa do gabinete

Concepción Bilbao Golpe

Naceu en Ferrol en 1978. É licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela.

Ata 2006 desenvolveu a súa traxectoria profesional como redactora nun medio de comunicación.

En 2006 incorporouse como redactora ao gabinete de comunicación da Xunta de Galicia.

En setembro de 2014 foi nomeada xefa de prensa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

En outubro de 2015 pasou a ser xefa de prensa da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. 

En outubro de 2018 foi nomeada xefa de prensa da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Actualmente é xefa de gabinete dese departamento.