Ana María Díaz López

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA - Xefa do gabinete

Ana María Díaz López

Nada en Valdoviño en 1966, licenciouse en Dereito en 1990 pola Universidade de Santiago de Compostela.

É funcionaria do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia.

Dende o ano 2003 ata o 2005 foi delegada provincial da Consellería de Medio Ambiente na provincia da Coruña.

De 2009 a 2015 ostentou a titularidade da Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar.

De 2015 a 2018 foi directora xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.