VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES - Xefa de prensa

Ana Rodríguez San Adrián

Nacida na Coruña en 1973. É licenciada en Ciencias de Información pola Universidade de Navarra. Mestría en Profesorado de Educación Secundaria e Bacharelato.

Incorporouse á redacción da Voz de Galicia no ano 1996, na delegación de Ferrol. Traballou posteriormente na redacción local da Coruña e tamén na redacción central. 

Do ano 2011 ao 2015 foi xefa da prensa da Deputación Provincial da Coruña.

Entre setembro do ano 2015 e xaneiro do 2016 ocupou o cargo de xefa de prensa na Delegación do Goberno en Galicia. 

Posteriormente, e a ata decembro do ano 2016, foi responsable de prensa na delegación territorial da Xunta na Coruña.

Entre decembro do ano 2016 e maio do ano 2022 traballou no gabinete da Presidencia do Parlamento do Galicia. 

É xefa de prensa da Vicepresidencia Segunda desde maio de 2022.