VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES - Xefa do gabinete

Beatriz Soler Vázquez-Guillén

Nacida na Coruña en decembro de 1973, é licenciada en Dereito pola Universidade San Pablo C.E.U. e conta cun máster en Xornalismo pola mesma universidade.

En 1999 traballou na emisora da Cadena COPE en Madrid, e de xullo a xaneiro de 2000 na emisora da Cadena COPE en A Coruña. Durante o ano 2000 traballou na empresa Octo Europa Comunicación, colaborando co xornal El Mundo e a Cadena SER de A Coruña. No 2001, foi redactora no El Ideal Gallego.  

Posteriormente, e durante 8 anos foi redactora de informativos e directora do magazine “La Mañana de Cope-Coruña”.

En xuño de 2009 foi designada xefa de prensa da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en A Coruña, de onde en xullo de 2011 pasou a desempeñar o cargo de xefa de Gabinete de Presidencia e Comunicación da Deputación de Coruña. 

No ano 2015 foi nomeada membro do Consello de administración da CRTVG. En 2021 foi xefa de gabinete e comunicación na Fiscalía Superior de Galicia.

No ano 2022 traballou durante uns meses como xefa de gabinete da Delegación da Xunta en Ferrol. 

Desde xullo de 2022 é xefa de gabinete da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.