José Manuel Merelles Remy

A PRESIDENCIA - Director da Axencia de Turismo de Galicia

José Manuel Merelles Remy

Naceu na Rúa en 1966. É licenciado en Xornalismo pola Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid (1991), na que ademais realizou cursos de doutoramento acadando a suficiencia investigadora.

Na súa traxectoria profesional foi redactor do xornal La Región entre os anos 1987 e 1989, foi xefe de sección no xornal Ourense Diario 1989-1990 e redactor en Xornal Diario, de Pontevedra (1990-1991).

Dentro da Administración autonómica foi redactor no Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia entre os anos 1991 e 1996 e logo desenvolveu a Xefatura de Comunicación na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, así como as relacións cos medios de comunicación da Presidencia da Sociedade Galega de Medio Ambiente, SOGAMA (1996-1999).

Desde xaneiro de 1999 ocupa a Xefatura da Área de Comunicación, primeiro da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, e da Axencia Turismo de Galicia na actualidade.

Neste posto xestiona tamén o desenvolvemento das campañas de publicidade de Turismo de Galicia e das contas nas redes sociais deste departamento da Xunta.