María Estrella López-Pardo Pardo
Nada en 1959 en Lugo. Doutora e licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade Complutense de Madrid, especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública, Máster en Epidemioloxía e Metodoloxía da Investigación da Universidade París XI, Máster en Administración e Xestión Sanitaria e Máster en Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias da USC e diplomada en Estatística e Epidemioloxía pola Universidade París VI.
Desempeñou os cargos de subdirectora xeral de Planificación Sanitaria do Sergas, subdirectora xeral de Avaliación Asistencial, directora operativa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, subdirectora de Calidade e Atención ao Paciente na EOXI de Santiago, directora de Procesos de Soporte da Área Sanitaria Pontevedra-O Salnés e directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria.
Foi coordinadora de proxectos da Comisión Técnica Interreg, 4 proxectos de Innovación Hospital 2050 e proxectos de aplicación de metodoloxía Lean Health Care, UNE-EN-ISO e EFQM.