Ana Méndez Gil

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN - Directora xerente de Galicia Calidade

Ana Méndez Gil

Nada en Ourense en 1976, é licenciada en Dirección e Xestión Empresarial pola Southern Mississippi University (Madrid 1998-2001). Ten o Curso Superior de Sumiller Profesional do Ingavi (2017-2018) e o WSET Nivel 3 en Viños e Espirituosos (2021).

Dende 2001 ata decembro de 2021 (data de incorporación ao cargo) traballou na empresa familiar Grupo Reboreda Morgadío, no departamento de Vendas e, posteriormente, como directora de Exportación. Foi vicepresidenta da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense.