Roi Fernández Añón
Roi Fernández Añón
Nado na Coruña en 1979, é enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos (2002, Universidade da Coruña) e graduado en Dereito (2014, UNED). Posúe ademais o Máster de Avogacía e o Máster MBA da Escola de Negocios IESIDE, así como un amplo abano de formación superior específica no sector da obra pública.
No ámbito profesional, inicia a súa carreira no ano 2003 no sector da construción civil como xefe de obra e tres anos despois acada o posto de director dunha das empresas galegas de referencia na que desenvolverá o seu traballo ata o ano 2018, no que chega ao sector público como funcionario por oposición.
Funcionario do corpo de profesores de ensino secundario (na especialidade de Matemáticas) e funcionario do corpo facultativo superior de enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Xunta de Galicia, foi nomeado o 10 de outubro de 2019 director xeral de Portos de Galicia, posto que ocupa na actualidade.