Superou unha oposición da Comisión das Comunidades Europeas, sendo incluído entre os candidatos aptos para ocupar un emprego de administrador adxunto no ámbito do dereito, e é funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, ocupando desde 1985 distintos postos na Administración pública galega.
Entre os cargos que desempeñou está o de xefe do servizo técnico xurídico e o de subdirector xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas entre finais dos 80 e principios dos 90.
Desde 1993 ata 1997 foi secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e entre o 1997 e o 2000 exerceu de director xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
Entre o 2001 e o 2005 foi secretario xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e nos anos seguintes ocupou distintos postos na Administración galega.
Desde 2009 ata 2018 foi xefe territorial da Coruña das consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e da de Infraestruturas e Vivenda, pasando desde 2018 ata a actualidade a exercer o mesmo cargo na Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
En paralelo, entre 1992 e 2013 ocupou distintos postos en diferentes empresas públicas e fundacións.