CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA - Director do Instituto de Estudos do Territorio
Enrique Luis de Salvador Sánchez
Naceu en Lugo en 1962. Titulado en Enxeñería Técnica Agrícola (1984) e en Enxeñería Superior de Montes (2006) pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou os posgraduados da Universidade Politécnica de Madrid de especialización en Avaliación de impactos ambientais (1996), Auditoría ambiental (1997) e Tratamento de espazos degradados (2002). Posúe o diploma de directivo da Escola Galega de Administración Pública (1998).
Traxectoria profesional:
- Enxeñeiro na empresa Esproagro, S.L. (18-11-1985 ata 10-5-89).
- Ingreso na Administración autónoma o 10 de maio de 1989 despois de superar as correspondentes oposicións de acceso á Xunta de Galicia. Grupo A2.
- Enxeñeiro técnico en funcións facultativas do Servizo de Medio Ambiente Natural da Coruña (N.22 – 10/5/89 ata 1/6/91).
- Xefe da Sección de Recursos Cinexéticos no Servizo de M.A.N. da Coruña (N.24), nomeado en adscrición temporal o 1 de xuño de 1991, ata o 27 de febreiro de 1993. Neste tempo desempeñou tamén o posto de secretario do Comité Provincial de Caza.
- Xefe de Sección de Concentración no Servizo de Estruturas e Desenvolvemento Rural da Coruña, nomeado en adscrición temporal o 1 de marzo de 1993. Neste tempo desenvolveu traballos propios do Servizo de Contratación.
- Xefe de Unidade Sección C, no Servizo de Industrias Agrarias de Santiago, pertencente á D.X. da Produción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, nomeado como funcionario de carreira dende o 1 de setembro de 1994, posto que ocupou ata o 8/8/96.
- Xefe da Sección de Estatísticas Agrarias en comisión de servizos, na Delegación Provincial da Coruña, dende o 9/8/96 ata o 10/1/2000.
- Xefe de Unidade Sección C na D. X. de Industrias e Alimentación en Santiago de Compostela dende o 11/1/2000 ata o 31/1/2001.
- Xefe de Área de Contratación na Delegación Provincial da Coruña, en comisión de servizos, dende o 1/2/2001 ata o 1/8/2004.
- Xefe de Área de Coordinación das Oficinas Agrarias en comisión de servizos, na provincia da Coruña, dende o 2/8/2004 ata o 13/12/2004.
- Xefe do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental na Coruña, por libre designación, dende o 14/12/2004, con nomeamento no DOG de 5/4/2005, ata o 16 de novembro de 2005. A disposición do Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ata o 29 de decembro do 2005.
- Xefe de Sección de Concentración e Obras no Servizo de Infraestruturas e Estruturas Rurais da Coruña, por concurso, dende o 30 de decembro do 2005 ata o 28 de maio de 2009.
- Xefe Territorial da Consellería do Medio Rural dende o 29 de maio do 2009. Nomeamento por Orde de 13-7-09 (DOG 21-7-09) ata o 10 de xuño de 2011.
- Xefe de Sección de Infraestruturas Agrarias na X. T. de Medio Rural da Coruña dende o 13 de xuño ata o 20 de xullo de 2015.
- Xefe Territorial da Consellería do Medio Rural e Mar na Coruña dende o 21 de xullo de 2015 ata o 22 outubro de 2015.
- Xefe de Gabinete da Consellería do Medio Rural dende o 23 de outubro do 2015 ata o 11 de xuño de 2018.
- Xefe de Sección de Concentración e Obras IV, dende o 11 de xuño de 2018 ata o 25 de setembro de 2018, na Consellería do Medio Rural (X. T. da Coruña).
- Xefe do Servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria na Coruña dende o 26 de setembro do 2018 ata o 10 de outubro de 2021.
- Director do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, dende o 11 de outubro de 2021.
Traxectoria política:
- Concelleiro de Medio Ambiente e Sanidade da Coruña (2011-2015).
- Concelleiro na Coruña (2018-2019).