José Luis Cabarcos Corral
Nado na Coruña (1977), é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña (2000) na súa rama de finanzas e está especializado en enxeñería de procesos, desenvolvemento de negocios, equipos e proxectos.
Posúe o MBA de IESIDE (2004-2005), o Certificado Coaching da International Coaching Community (2011), o PMP do Project Management Institute (2013) e o Certificado Lean Six Sigma do LSSI (2015), e realizou o International Business Program na Universidade de Georgetown (2016).
A súa carreira profesional está orientada tanto ao mundo industrial como ao da formación. Comezou desenvolvendo programas culturais e sociais no concello de Arteixo entre os anos 2001 e 2004.
Foi director de operacións e de área de negocio no Grupo Aluman desde 2005 a 2011, director xeral de IFFE Business School de 2011 a 2014 encargado de todas as iniciativas institucionais, comerciais e de posicionamento, e, posteriormente, director xeral en CEO Solutions de 2014 a 2018.
Ademais, no ámbito da docencia exerceu como profesor de posgrao e de diversos seminarios na Universidade da Coruña entre os anos 2012 e 2014.
Tamén exerceu como director do Executive MBA da Escola de Negocios de Afundación e foi docente titular na dirección de operacións, proxectos e simulación empresarial desde 2015 ata 2019.
Era ata o de agora director de Galicia da Asociación para el Progreso de la Dirección (APD).