A súa traxectoria profesional está vencellada ás infraestruturas hidráulicas e á xestión da auga: desde 1990 no sector privado, e na Administración autonómica desde o ano 2003, en que ingresou na Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.
No ano 2005 accedeu por oposición ao posto de xefa do departamento da Oficina Técnica do organismo hidráulico autonómico e actualmente viña desenvolvendo as mesmas funcións en Augas de Galicia.
Ademais, ocupou entre 2013 e 2014 a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e exerceu como concelleira delegada da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible no Concello de Santiago.