Jacobo Aboal Viñas

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL - Director da Axencia Galega da Industria Forestal

Jacobo Aboal Viñas

Naceu en Segovia en 1974. É enxeñeiro técnico forestal e enxeñeiro de montes, titulado en ambas disciplinas pola Escola Politécnica Superior de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.

Tras un breve paso pola empresa privada como técnico forestal no ano 1999, comeza o seu desenvolvemento profesional na Administración pública no ano 2000 dentro do Observatorio para a Xestión Forestal pertencente á extinta Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

En xaneiro de 2005 ocupa a xefatura do Servizo de Xestión Forestal durante 10 anos, para, no ano 2014, trasladarse á sección de Coordinación e Organización da Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

En xaneiro de 2019 é nomeado subdirector xeral de Recursos Forestais, onde exercerá seu traballo ao longo de tres anos.