Fernando Guldrís Iglesias
Fernando Guldrís Iglesias
Nado en Santiago de Compostela en 1983. Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela, MBA pola EAE Business School e pola Universidade Camilo José Cela e Máster en Corporate Finance pola Universidade de Sevilla.
Foi asesor financeiro de Caixa Galicia (2007-2008). Entre 2009 e 2010 foi analista financeiro e researcher responsable do proxecto SONAR2, analizando as variables económicas e financeiras relevantes para a emisión de recomendacións de investimentos bolsistas (na Universidade Carlos III de Madrid)
Tamén foi, na Unión de Créditos Inmobiliarios, controller e técnico de Planificación Financeira, formando parte do Programa de Desenvolvemento Directivo da entidade. Responsable do reporting a BNP Paribas, da elaboración dos orzamentos individuais e consolidados, da análise e o seguimento de desviacións e da creación de modelos de sensibilidade para Test de Estrés (2010-2012).
Entre 2012 e 2013 para Zara España (Grupo Inditex) foi controller financeiro e de xestión no Departamento de Planificación e Control. Responsabilidades na elaboración dos orzamentos anuais, reporting, estudo de novas aperturas e análise de custos.
Asesor da Consellería de Economía e Industria (Xunta de Galicia) e de soporte en materias financeira e económica entre 2013 e 2016.
Como director financeiro en XesGalicia (2016-2017), foi tamén encargado de supervisar a elaboración das contas anuais dos Fondos e Sociedades de Capital Risco xestionadas, así como as da propia sociedade, o seguimento da carteira de investimentos, a elaboración dos orzamentos anuais e a realización do reporting financeiro.
De 2017 a outubro de 2020 foi director xeral de XesGalicia.
Desde outubro de 2020 é director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).