María Covadonga Salgado Blanco

CONSELLERÍA DO MAR - Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño

María Covadonga Salgado Blanco

Naceu en Madrid en 1965. Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela -USC- (1988). Tamén pola mesma universidade: graduada en Ciencias Químicas (1989), doutora en Ciencias Químicas (1993) e licenciada en Farmacia (1995). En 2004 obtivo o diploma de directivo da Escola Galega de Administración Pública. Tamén é técnico en Prevención de Riscos laborais de nivel superior (2008), nas especialidades de seguridade no traballo, ergonomía e psicosocioloxía aplicada e hixiene industrial.

Profesora Técnico de Formación Profesional no IFP Roberto Vidal de la Torre de Ferrol (de febreiro a marzo de 1994).

Titulada superior (químico) no Laboratorio de biotoxinas de Vilagarcía de Arousa (Consellería de Sanidade e Servizos Sociais) de xullo de 1994 a agosto de 1995.

Titulada superior no Centro de Control da Calidade do Medio Mariño de Vilaxoán (Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura) de setembro de 1995 a outubro de 1997. No mesmo centro, e para a mesma consellería, técnica analítica de biotoxinas de setembro de 1997 a outubro de 1999 e subdirectora técnica do Centro de outubro de 1999 a maio de 2003.

Foi tamén subdirectora xeral de Cooperación Pesqueira Internacional (de maio a decembro de 2003) da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e do Centro de Control do Medio Mariño de Vilaxoán (de decembro de 2003 a decembro de 2005). 

Responsable Técnico de Análises de Bebidas do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia en Guísamo (Consellería de Medio Rural) de decembro de 2005 a maio de 2008.   

Tamén foi auditora técnica para a Entidad Nacional de Acreditación (ENAC) das auditorías: LE 1209 (Huelva) da Norma UNE-EN ISO/IEC 17.025 (2006); LE 406R1A2 (Madrid) da Norma UNE-EN ISO/IEC 17.025 (2007) e LE 569 (Cádiz) da Norma UNE-EN ISO/IEC 17.025 (2007). 

Foi tamén xefa de Sección de Hixiene Analítica Centro de Seguridade e Saúde Laboral de Rande da Consellería de Traballo (de maio de 2008 a abril de 2009).

Directora do Intecmar (Consellería do Mar) desde abril de 2009.