Ana María Comesaña Álvarez

CONSELLERÍA DE SANIDADE - Directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde

Ana María Comesaña Álvarez

Naceu en Vigo en 1965. Licenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), Máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña, Diploma de directivo da Xunta de Galicia, Máster Internacional en Xestión Universitaria na Universidade de Alcalá de Henares e Curso Superior de Relacións Laborais pola USC. 

Persoal estatutario do grupo técnico da función administrativa (rama xurídica) no Servizo Galego de Saúde. Presta servizos desde 1992 no organismo en diversos postos no ámbito de recursos humanos de Santiago, Vigo e Pontevedra. Entre eles, subdirectora xeral de Políticas de Persoal na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde e xefa do servizo de Relacións Laborais, así como tamén coordinadora do expediente electrónico profesional no Sergas.

Tamén ocupou o posto de Vicexerente de persoal na Universidade de Vigo.

Nos últimos anos traballou como directora de Recursos Humanos na área sanitaria de Vigo desde 2015 ata a actualidade.

Con anterioridade a este posto, desempeñou o de directora e previamente subdirectora, de Recursos Humanos da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.