Francisco Menéndez Iglesias

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE - Director da Axencia Galega de Infraestruturas

Francisco Menéndez Iglesias

Naceu en Vigo en 1979. É enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña.

Comezou a traballar tras rematar os estudos no Grupo de Portos e Costas da Universidade da Coruña. Xefe de sección da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH) desde abril de 2007 ata setembro de 2010, momento no que foi nomeado presidente de Augas de Galicia e da EPOSH. Presidiu ademais o Consorcio para a xestión do ciclo urbano da auga do Louro e o Consorcio para abastecemento en alta de Cervo e Burela e foi vicepresidente do Consorcio da Auga de Valdeorras.