Patricia Argerey Vilar
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN - Directora da Axencia Galega de Innovación
Patricia Argerey Vilar
Naceu en Lugo en 1977. É licenciada en Economía pola Universidade CEU San Pablo de Madrid; Máster en Estudos Políticos Aplicados, pola Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas; e doutora en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid.
- Marzo 2003 – outubro 2004: coordinadora de Proxectos de I+D, Instituto Universitario de Estudos Europeos da Universidade CEU San Pablo, Madrid
- Outubro 2004 – setembro 2009: secretaria xeral do Instituto Universitario de Estudos Europeos da Universidade CEU San Pablo, Madrid
- Outubro 2004 – setembro 2009: profesora da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade CEU San Pablo, Madrid
- Outubro 2008 – setembro 2009: profesora titular da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade Complutense de Madrid
- Setembro 2009 – xaneiro 2013: asesora do gabinete do presidente da Xunta de Galicia
- Xaneiro 2013 – decembro 2016: xefa do gabinete do conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia