Mirta Sueiro Costoya
Naceu en Melide en 1988. É enxeñería técnica industrial pola Universidade de Vigo (2009) e enxeñeira química pola Universidade de Santiago de Compostela (2012). Realizou o máster Instrumentación e Control ISA-Repsol 2012, o máster en Xestión empresarial pola Universidade Autónoma de Barcelona (2013) e participou no programa Multicompañía-Transforma España para incorporar talento xove a comités de dirección (2020) e no programa executivo para líderes emerxentes de Esade (2022).
Conta cunha dilatada experiencia profesional en Enagás desempeñando distintos postos, desde os de carácter máis técnico (xestión de activos, enxeñería e construción) ata os máis comerciais e de desenvolvemento de regulación no sector enerxético.
O último cargo desempeñado antes da súa incorporación a Sogama foi o de responsable do Programa de Transformación Dixital "ALFIL", dentro da Dirección Xeral de Infraestruturas.
Cómpre destacar tamén a súa participación en distintos grupos de traballo, tanto europeos como internacionais, vinculados ao medio ambiente e a sostibilidade (2012-2022).
Desde setembro de 2022 é directora xeral Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.