Javier Domínguez Lino
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA - Presidente Executivo de Sogama, S.A.
Javier Domínguez Lino
Naceu en Pontevedra en 1968. É licenciado en Dirección e Administración de Empresas pola Universidade de Vigo, programa en Dirección e Xestión de Empresas PDXE (Escola de Negocios Novagaliciabanco) e máster en Xestión de Patrimonios (Escola de Negocios Caixanova).
Presidente executivo de Sogama S.A. (febreiro de 2015).
Coordinador de Zona Sur Xestur Galicia S.A. desde xaneiro de 2014 a febreiro de 2015.
Xerente de Xestur Pontevedra desde xuño de 2009 ata decembro de 2013.
Ocupou diversos postos en banca comercial e de empresas (comercial, interventor e director de oficina e director de empresas) entre maio de 1995 e xuño de 2009.