Jacobo Hortas García

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA - Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Jacobo Hortas García

Nado na Coruña (1977), licenciouse en Dereito pola Universidade San Pablo-CEU de Madrid no ano 2000. Desde entón realizou múltiples cursos en materia urbanística, entre os que destacan o Curso Superior de Urbanismo (impartido pola EGAP en 2001) e o Curso Superior de Xestión e Disciplina Urbanística (impartido tamén pola EGAP en 2003). Asemade, foi relator de diversos seminarios e cursos especializados nesta área.

Conta cun Diploma de Estudos Avanzados outorgado pola Universidade da Coruña no ano 2004 logo de realizar a tesina "Alcance das obrigacións dos axentes intervenientes no sector da construción na seguridade e a saúde das obras. Responsabilidade administrativa por incumprimento".

Avogado vinculado desde fai vinte anos ao dereito administrativo e, en concreto, ao dereito urbanístico e á contratación pública, desenvolvendo funcións noutras ramas do dereito (civil, mercantil, laboral etc.).

De 2002 a 2007 foi avogado da Concellería de Urbanismo do Concello da Coruña.

Dende 2007 ata setembro de 2020 ocupou o cargo de responsable xurídico da Empresa Municipal Vivenda, Servizos e Actividades S.A.U. (EMVSA), do Concello da Coruña.