José Antonio Campo Andión

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - Director do Instituto Galego de Estatística

José Antonio Campo Andión

Naceu en Castro de Rei (Lugo) en 1950. É licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), profesor numerario de Escolas de Mestría e pertence ao Corpo Superior de Estatísticos do Estado.

Foi profesor numerario de Matemáticas no IFP de Vilagarcía de Arousa (1980-1981) e tamén no IPN “Monte de Conxo” de Santiago de Compostela (1981-1987) e profesor asociado na Escola Universitaria de Empresariais de Ourense (1988-1990).

Exerceu tamén como delegado do Instituto Nacional de Estatística (INE) en Ourense (1987-1990) e en Asturias (1991).

Dirixiu o Instituto Galego de Estatística entre 1991 e 2005, para logo exercer como xefe de área do INE de Estatísticas de Transporte (setembro - novembro 2005).

Foi tamén asesor do Partido Popular (2005-2009) e profesor asociado na Escola Universitaria de Empresariais da Coruña (2009).

Desde 2009 exerce de novo como director do IGE.