Toma de posesión de Nava Castro Autor/a: Ana Varela

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO - Directora da Axencia de Turismo de Galicia

María Nava Castro Domínguez

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid. Conta con diversos másteres: Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos (UDC),  Axentes de Desenvolvemento Económico e Xestión de Programas (Universidade de Vigo), Xestión e Dirección de Pemes (Universidade de Vigo), Intervención e Xestión de Servizos Sociais (Universidade da Coruña - Fundación Española de Estudos Sociais). Curso de Liderado Público (INAP).

Entre xullo e decembro de 1998 foi deputada no Parlamento de Galicia.

Desde 1998 ata 2000 foi responsable do Centro Europeo de Información e Animación (Carrefour de Galicia), posto que tamén ocuparía de novo de 2003 a 2006.

De 1999 a 2000 foi concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas (Pontevedra). E posteriormente, de 2000 a 2003 foi alcaldesa do Concello de Ponteareas.

Desde 2003 foi concelleira de Servizos Sociais e tenente de alcalde do Concello de Ponteareas, onde en 2007 asumiu ademais a concellaría de Economía e Facenda.

Entre marzo de 2008 e maio de 2009 foi deputada no Congreso dos Deputados.

En maio de 2009 foi nomeada directora xeral de Comercio, posto que ocupou ata setembro de 2012.

Desde febreiro de 2013 é directora da Axencia de Turismo de Galicia.