Julián Cerviño Iglesia

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Julián Cerviño Iglesia

Naceu en 1974 en Santiago de Compostela (A Coruña). É licenciado en Ciencias Físicas, especialidade de Electrónica (1997, USC).

Entre 1998 e 2022 traballou no sector privado, no ámbito da consultoría de sistemas da información.

De 1998 a 2007 ocupou diversos cargos en Soluziona (agora Indra), inicialmente como analista de sistemas e posteriormente dirixindo proxectos para o Servizo Galego de Saúde como consultor sénior, onde participou no deseño e na implantación do sistema de historia clínica electrónica (IANUS).

En 2007 fundou a empresa Queres, na que desempeñou os cargos de CTO (responsable tecnolóxico) e CFO (responsable financeiro), á vez que participaba en diversos proxectos para múltiples clientes públicos e privados en calidade de consultor sénior. Esta etapa profesional péchase coa venda da empresa Queres á consultora Izertis en 2020.

De 2020 a 2022 foi responsable do departamento de Sistemas de Xestión de Contidos en Izertis, á vez que desempeñaba funcións de consultor sénior para a Área de Infraestruturas e Seguridade da Amtega.