CONSELLERÍA DE SANIDADE - Conselleiro
Julio García Comesaña
Nado en 1968, é licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten a Especialidade Sanitaria de Radiofísica Hospitalaria, así como un Máster en Administración Sanitaria pola Escola Nacional de Sanidade. A súa formación inclúe o Programa de Dirección Sanitaria (Escola de Directivos Sanitarios de Galicia, Fegas) e o Programa de Liderado e Xestión Estratéxica (Instituto de Empresa). Conta, ademais, co Título de Xefe de Servicio de Protección Radiolóxica, outorgado polo Consello de Seguridade Nuclear. É profesor de distintos cursos organizados pola Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria.
- No eido da investigación e da innovación participou en distintos proxectos Europeos e proxectos de compra pública de tecnoloxía innovadora. Innovasaude e H2050.
- Como Especialista Sanitario de Radiofísica Hospitalaria desenvolveu a súa actividade asistencial nos hospitais Povisa e Meixoeiro, de Vigo, e Vall D`Hebron de Barcelona, entre os anos 1993 e 2005.
- No ámbito da xestión desempeñou o posto de director de centro e director operativo no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo entre os anos 2005 e 2011.
- Desempeñou o posto de subdirector xeral de Ordenación Asistencial e Innovación Organizativa da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servicio Galego de Saúde e a coordinación da Estratexia Galega contra o cancro.
- Foi director de Procesos Asistenciais da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo.
- Desde 2019 e ata setembro de 2020 foi xerente da área sanitaria de Vigo, despois de selo da de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.