CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE - Conselleira

Elena Rivo López

Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid, onde recibiu o premio extraordinario da súa carreira. Doutora en Administración e Dirección de Empresas na Universidade de Vigo.

Profesora titular e investigadora no Departamento de Organización de Empresas e Marketing na Universidade de Vigo desde 1999. Vicerreitora do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Foi decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense (2013-2019); coordinadora do Máster en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo (2011-2014) e comisionada de Coordinación Institucional (2019-2022)

Exerceu como tenente alcalde e xefa da área de Economía e Facenda no Concello de Ourense (2003-2007). 
 
Participou en traballos e proxectos relacionados coa empresa familiar, o emprendemento, a sostibilidade e a innovación docente.
 
Directora da Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Vigo, pertence o grupo de investigación GEN (Governance and Economics Research Network).