PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA - Presidente da Xunta de Galicia
Alfonso Rueda Valenzuela
Naceu no ano 1968. Está casado e ten dúas fillas. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.
- Foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados, e secretario-interventor da Mancomunidade da Paradanta.
- Ocupou os cargos de xefe do gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e de director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia
- É presidente do Partido Popular de Galicia.
- Foi conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza desde abril de 2009 e vicepresidente desde 2012 ata maio de 2022.