CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES - Conselleiro

Diego Calvo Pouso

Naceu en San Sadurniño no ano 1975. Licenciado en Ciencias Económicas (especialización en Facenda Pública e Sistema Fiscal) na USC. Máster en Desenvolvemento Local e Comarcal. 

  • Traballou como axente de desenvolvemento local en Ferrol e foi administrador de empresa familiar. 
  • Foi elixido por primeira vez deputado autonómico en febreiro do ano 2003, e mantivo o escano ata o 2005 (VI Lexislatura) e tamén desde o 2005 ata o 2009 (VII Lexislatura). Nese ano foi nomeado delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña e no 2011, sendo concelleiro en Ferrol, foi elixido presidente da Deputación da Coruña, cargo que desempeñou ata 2015, momento en que regresou á Delegación da Xunta. 
  • Tras unha nova etapa no Parlamento de Galicia como vicepresidente primeiro da Mesa e voceiro da área de Infraestruturas e Mobilidade (2016-2022), foi ata hoxe vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes. 
  • No período 2009-2013 foi presidente do Consello de Administración de Xestur na Coruña e formou parte tamén dos Consellos de Administración das Autoridades Portuarias de Ferrol e A Coruña. 
  • Entre os anos 2006 e 2009 foi vicesecretario xeral do PPdeG, e entre o 2008 e o 2016 desempeñou as funcións de secretario xeral no Partido Popular da provincia da Coruña, que preside dende o ano 2016. 
  • No Partido Popular nacional, foi secretario territorial entre os anos 2018 e 2022. Actualmente é o presidente do Comité Electoral Nacional. 

Contacto:
secretaria.vicepresidenciaprimera@xunta.gal
Tel.: 981 544 212/14

Retribución anual:
Salario: 72.303,12 €
Total anual: 72.303,12 €