CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO - Conselleira

Ángeles Vázquez Mejuto

Naceu en Melide en 1972. Acadou a licenciatura en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade en Xeografía Aplicada. Ademais é técnica en Información e cultura.

  • Foi alcaldesa de Melide desde o ano 2011 ata 2016, cargo que tamén ocupou entre os anos 2004 e 2007.
  • No ámbito municipal, previamente ás súas responsabilidades como rexedora, foi concelleira de Cultura, Deportes e Medios de Comunicación.
  • Tamén foi deputada provincial na Coruña entre 2007 e 2009 e, posteriormente, deputada no Congreso dos Deputados por esa mesma provincia.
  • Na súa traxectoria profesional tamén ten experiencia xornalística, como directora da radio municipal melidense e como correspondente en medios de comunicación.
  • Desde outubro de 2015 ata novembro de 2016 foi conselleira do Medio Rural e, desde ese ano, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Contacto: gabinete.cmatv@xunta.gal
Tel.: 881 995 341

 

Redes sociais:
Facebook
Twitter

 

Retribución anual:
Salario: 72.655,80 €
Total anual: 72.655,80 €