CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - Conselleiro

Miguel Corgos López-Prado

Nado na Coruña en 1971, é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade da Coruña, na especialidade de economía financeira. Ademais, conta cun Posgraduado en Auditoría de Contas e un Mestrado en Administración Financeira e Tributaria pola mesma universidade.

  • Desde o 2001 pertence á Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia na especialidade de Intervención-auditoría e na de Inspección e xestión financeira e tributaria.
  • Desde o 2021 é conselleiro de Facenda e Administración Pública. Previamente exercía como director xeral de Planificación e Orzamentos na Consellería de Facenda e Administración Pública. Anteriormente, foi subdirector xeral de Control Financeiro Permanente na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e subdirector xeral de Control Orzamentario de Gasto na Dirección Xeral de Orzamentos.

Contacto: conselleiro.facenda@xunta.gal
Tel.: 981 545 174
Fax: 981 544 117 

 

Retribución anual:
Salario: 72.303,12 €  
Trienios: 4.594,10 € 
Complemento de carreira: 4.847,04 € 
Total anual: 81.744,26 €