PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA - Presidente da Xunta de Galicia

Alfonso Rueda Valenzuela

Naceu no ano 1968. Está casado e ten dúas fillas. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.

  • Foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados, e secretario-interventor da Mancomunidade da Paradanta.
  • Ocupou os cargos de xefe do gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e de director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia
  • É presidente do Partido Popular de Galicia.
  • Foi conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza desde abril de 2009 e vicepresidente desde 2012 ata maio de 2022.

Redes sociais:

Facebook 

Twitter

Instagram

 

Retribución anual:
Salario: 82.843,56 €  
Trienios: 5.906,70 € 
Total anual: 88.750,26 €