O artigo 45 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, regula as limitacións ao exercicio de actividades posteriores ao cesamento dos altos cargos.
Durante os dous anos seguintes á data do seu cesamento, os altos cargos deberán efectuar, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, declaración sobre as actividades que vaian realizar, con carácter previo ao seu inicio.
As resolucións que recoñezan a compatibilidade con actividade privada serán publicadas no Portal de Transparencia e Goberno aberto.
En cumprimento do artigo 10.n) e do artigo 45 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno publícanse as resolucións de autorización do exercicio de actividade privada logo do cesamento dos altos cargos.
Data de actualización: 3/11/2023
Frecuencia de actualización: continua