Pablo Fernández López
Naceu en Pontevedra en 1984. É enxeñeiro técnico industrial (UVigo, 2008), enxeñeiro industrial (UNED, 2016), técnico superior en PRL (Asigma, 2009) e especialista universitario en Deseño e Cálculo de Estruturas (UDC+COAG, 2007).
Comeza a súa traxectoria profesional como traballador por conta allea no 2007 nunha construtora e, posteriormente, nun estudio de enxeñería de Vigo para, no 2013, establecerse como profesional libre por conta propia ata a toma de posesión do presente cargo.
No ámbito asociativo foi presidente de AJE Pontevedra e vicepresidente de AJE Galicia (2017-2019), vogal do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (2017-2023) e directivo de APE Galicia (2017-2023).
Concelleiro en Pontevedra (2011-2015 e 2019-2023).